CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E O CONCELLO DE BANDE PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DIRECTOR E O PLAN DE USOS DA REITORIAL DE SANTA COMBA DE BANDE, ASÍ COMO PARA A EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS URXENTES


Objeto

CONSTITÚE O OBXECTO DESTE CONVENIO ESTABLECER AS BASES DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA E O CONCELLO DE BANDE PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DIRECTOR E O PLAN DE USOS DA REITORIAL DE SANTA COMBA DE BANDE, ASÍ COMO PARA A EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS URXENTES

Tipo

Convenio de colaboración

Fecha de la firma

01-10-2020

Fechas de vigencia

Vigente desde 01-10-2020 hasta 31-12-2020

Entidades firmantes y cantidades aportadas

Entidad Cantidad
AXENCIA TURISMO DE GALICIA 59.895,00 €
CONCELLO DE BANDE 0,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-1097 .pdf CONVENIO 2020-1097 MEMORIA.pdf

Histórico de modificaciones


Modificación

Fecha de la firma

25-11-2020

Vigencia

Vigente desde: 25-11-2020 Vigente hasta: 31-12-2020

Objeto

As partes acordan: CLÁUSULAS Primeira. Obxecto Modifícase a cláusula oitava do convenio, de xeito que queda redactada do seguinte xeito: “Oitava.- Xustificación de fondos e pagamento 1. O Concello, segundo se establece no artigo 8 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, estará obrigado a xustificar ante a Axencia Turismo de Galicia o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, mediante a presentación dunha conta xustificativa integrada, con carácter xeneral, pola documentación que se relaciona a continuación, e que incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida. 2. A xustificación da execución das actividades subvencionadas realizarase segundo a modalidade de conta xustificativa de acordo co disposto no artigo 10 do citado Decreto 193/2011, do 6 de outubro, para o que o concello deberá presentar: a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/a alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención na que se faga constar, como mínimo, de forma detallada: - O cumprimento da finalidade da subvención. - Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Salvo disposición expresa das bases reguladoras, e sen prexuízo do previsto na letra c) deste mesmo artigo, non será esixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. b) Certificado de taxador/a independente debidamente acreditado/a e inscrito/a no correspondente rexistro oficial, no caso de adquisición de bens inmobles. c) Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, no seu caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na letra a). d) Unha relación detallada doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, con indicación do importe e a súa procedencia. e) De ser o caso, os tres presupostos que se esixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, deberá achegarse polo Concello: - Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pago algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, así como unha declaración responsable de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario, establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 11 e 13 do regulamento da dita lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. - Detalle da documentación e soportes publicitarios nos que consten a colaboración da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2021. - Reportaxe fotográfica na que se constate o estado previo ao comezo das actuacións urxentes e o resultado final unha vez executadas as mesmas, así como a colocación do cartel de obra ao que se fai referencia na cláusula cuarta. - Indicación do número de conta para o ingreso dos fondos e xuntar unha declaración responsable da veracidade dos datos relativos á dita conta. 3. De conformidade co artigo 12.3 do Decreto 193/2011, de 6 de outubro, polo que se regula especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, a contratación das obras ou equipamentos será realizada polo concello conforme á normativa vixente en materia de contratación do sector público, sendo o concello contratante o responsable directo das consecuencias que dos incumprimentos se puidera derivar. 4. Á vista desta documentación, o órgano competente da Axencia Turismo de Galicia, comprobará a realización da actividade e o cumprimento da finalidade da subvención e, unha vez comprobado o cumprimento, expedirá certificado acreditativo da verificación realizada e tramitará o pagamento. 5. A Axencia Turismo de Galicia reservarase o dereito a solicitar toda a documentación que se considere precisa en relación coa xustificación do obxecto do presente convenio. 6. O prazo para presentar a documentación xustificativa da subvención por parte do Concello remata o 15 de decembro de 2020. A documentación correspondente á xustificación presentarase de forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal). A cantidade máxima que se obriga a aportar a Axencia reducirase na mesma proporción que represente a cantidade non xustificada respecto do orzamento total. Non se entenderá incumprida a obriga de xustificación das actuacións obxecto deste convenio no caso de variacións das contías previstas nas distintas partidas establecidas no orzamento estimado na cláusula segunda, cando obedezan a razóns xustificadas e as actuacións que se levaran a cabo garden relación directa co obxecto do presente convenio e se compensen uns conceptos con outros, conforme ao previsto no artigo 74.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo serán compensables entre si as partidas das dúas accións previstas no presente convenio, cuxo orzamentos estimados se establecen na cláusula segunda. Ao abeiro do disposto no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro: “1. Con carácter xeral, considerarase gasto realizado cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local. As entidades locais beneficiarias estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas. 2. Non obstante, no caso de realizarse pagamentos anticipados como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas, considerase gasto realizado o que foi efectivamente pagado pola entidade local beneficiaria con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado pola normativa reguladora da subvención”. Segunda. Publicidade e rexistro da addenda. Consentimento para a publicidade de datos persoais O réxime de publicidade da addenda será o establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Axencia Turismo de Galicia. A sinatura da addenda leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos e a referida publicidade. Asemade procederase a inscrición da addenda no Rexistro de Convenios, de conformidade co establecido no artigo 5 do Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia. Coa sinatura da presente addenda as partes asinantes prestan o seu consentimento para incluír e facer públicos a través do Portal de Transparencia e Goberno Aberto e do rexistro regulado no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos de carácter persoal contidos nesta. Terceira. Condicións Esta addenda rexerase polas condicións estipuladas no convenio do que trae causa, formando parte integrante do mesmo.

Entidades firmantes y cantidades aportadas

Entidad Cantidad
CONCELLO DE BANDE 0,00 €
AXENCIA TURISMO DE GALICIA 0,00 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-1097 MEMOMRIA.pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-1097 .pdf