CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE PORTAS PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE DÚAS PISTA DE PÁDEL NA AZUCAREIRA


Obxecto

É OBXECTO DESTE CONVENIO ESTABLECER AS BASES DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, E O CONCELLO DE PORTAS PARA ACOMETER AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE DÚAS PISTAS DE PÁDEL NA AZUCAREIRA, SEGUNDO O PROXECTO TÉCNICO PRESENTADO POR CAROLINA COUSELO FARIÑA.

Tipo

Convenio de cooperación

Data da sinatura

15-10-2020

Datas de vixencia

Vixente dende 16-10-2020 ata 31-12-2020

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONCELLO DE PORTAS 15.407,00 €
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE 29.000,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-1073 .pdf CONVENIO 2020-1073 MEMORIA.pdf

Histórico de modificacións


Modificación

Data da sinatura

30-11-2020

Vixencia

Vixente dende: 30-11-2020 Vixente ata: 31-12-2020

Obxecto

As partes acordan: CLÁUSULAS 1.- REXISTROS PÚBLICOS DE AXUDAS As partes asinantes da addenda manifestan o seu consentimento para que os datos persoais que constan neste addenda, así como o resto das especificacións contidas na mesma, poidan ser publicados no Portal da Transparencia e Goberno Aberto. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas da Xunta de Galicia, o concello consinte expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos á subvención obxecto deste convenio nos rexistros públicos citados, creados polos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. Así mesmo consinte na publicación da addenda que esixe a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno no artigo 15 referido as obrigas específicas de información sobre convenios. 2.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS AXUDAS De acordo co artigo 8 do Decreto 193/2011 polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, o Concello de Portas estará obrigado a xustificar o cumprimento da finalidade da subvención á realización da actividade e o seu custo real mediante a presentación cunha conta xustificativa integrada con carácter xeral pola documentación que se relaciona no artigo 10 do Decreto 193/2011, e que incorporará en todo caso a certificación da intervención ou do órgano de teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida. En todo caso, na xustificación deberá acreditarse o importe, procedencia e aplicación dos fondos propios, así como doutras subvencións ou recursos á actuación subvencionada. O prazo para presentar esta xustificación terá como data límite o 14 de decembro de 2020. Os pagamentos efectuaranse unha vez examinada e conformada a xustificación presentada polo Concello.

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONCELLO DE PORTAS 0,00 €
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE 0,00 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-1073 .pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-1073 MEMORIA.pdf