CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E O INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO (INORDE) PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN TURÍSTICA NA PROVINCIA DE OURENSE


Objeto

É OBXECTO DO PRESENTE CONVENIO ESTABLECER AS BASES DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E O INORDE PARA A SUBVENCIÓN DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COA PROMOCIÓN, DINAMIZACIÓN E FOMENTO DO TURISMO QUE INCLÚA A REALIZACIÓN DAS SEGUINTES LIÑAS DE ACCIÓN: 1. EQUIPAMENTO DO XIMNASIO DO CAMPO DE REGATAS EN LAIAS 2. EVENTO "GLADIATOR RACE NOCTURNO" 3. EVENTO VOLTA CICLISTA "OURENSE STRADE TERMAL 4. ACTOS PROMOCIÓN REMA, VELA, PIRAGÜISMO 2020 EN OURENSE TODAS ELAS SON ACCIÓNS QUE TEÑEN COMO OBXECTIVO FAVORECER O COÑECEMENTO DE GALICIA COMO DESTINO TURÍSTICO DE CALIDADE A NIVEL INTERNO E INTERNACIONAL REFORZANDO AS ACCIÓNS SOBRE OS RECURSOS CON MAIOR VALOR ENGADIDO PARA O SECTOR TURÍSTICO E QUE, AO MESMO TEMPO, FAVOREZAN A SUSTENTABILIDADE, A DESESTACIONALIZACIÓN E O REFORZAMENTO DA MARCA.

Tipo

Convenio de colaboración

Fecha de la firma

22-08-2020

Fechas de vigencia

Vigente desde 23-08-2020 hasta 31-12-2020

Entidades firmantes y cantidades aportadas

Entidad Cantidad
AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA 33.500,00 €
INSTITUTO OURENSAN DE DESENVOLVEMENTO ECONOMICO (INORDE) 9.000,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-0815 .pdf CONVENIO 2020-0815 MEMORIA.pdf

Histórico de modificaciones


Modificación

Fecha de la firma

16-11-2020

Vigencia

Vigente desde: 16-11-2020 Vigente hasta: 31-12-2020

Objeto

As partes acordan: CLÁUSULAS Primeira. Obxecto 1. Modifícase a cláusula primeira do convenio, que queda redactada como segue: “Primeira.- Obxecto do convenio. É obxecto do presente convenio establecer as bases de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o INORDE para a subvención de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo que inclúa a realización das seguintes liñas de acción: 1. Equipamento do ximnasio do campo de regatas en Laias 2. Evento "Trail do Xurés" 3. Evento volta ciclista "Ourense Strade Termal 4. Actos promoción rema, vela, piragüismo 2020 en Ourense Todas elas son accións que teñen como obxectivo favorecer o coñecemento de Galicia como destino turístico de calidade a nivel interno e internacional reforzando as accións sobre os recursos con maior valor engadido para o sector turístico e que, ao mesmo tempo, favorezan a sustentabilidade, a desestacionalización e o reforzamento da marca”. 2. Modifícase a cláusula segunda do convenio, que queda redactada como segue: “Segunda.- Financiamento. O orzamento estimado para a execución das actuacións recollidas na cláusula primeira ascende a corenta e dous mil cincocentos euros (42.500,00 €), co seguinte desagregamento: ACCIÓN IMPORTE 1. Equipamento do ximnasio do campo de regatas en Laias 18.000,00 € 2. Evento "Trail do Xurés" 8.000,00 € 3. Evento volta ciclista "Ourense Strade Termal 12.000,00 € 4. Actos promoción rema, vela, piragÜismo 2020 en Ourense 4.500,00 € TOTAL CONVENIO 42.500,00 € A Axencia Turismo de Galicia achegará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2020 trinta e tres mil cincocentos euros (33.500,00 €), que se imputarán á aplicación 11.A2.761A.760.3, na que existe crédito adecuado e suficiente. Esta achega destinarase ao financiamento das devanditas accións conforme ao custe estimado no anexo I do convenio. O orzamento necesario para completar a execución do resto de accións previstas será aportado polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) que realizará unha achega total de nove mil (9.000,00 €), financiada con fondos propios dos seus orzamentos”. 3. Modifícase o anexo I do convenio, que queda redactado como segue: ANEXO I ACCIÓN IMPORTE 1. Equipamento do ximnasio do campo de regatas en Laias (I) 18.000,00 € 2. Evento “Trail do Xurés” 8.000,00 € 3. Evento volta ciclista "Ourense Strade Termal 12.000,00 € 4. Actos promoción rema, vela, piragüismo 2020 en Ourense 4.500,00 € Subtotal correspondente á Axencia de Turismo de Galicia 33.500,00 € 5. Equipamento do ximnasio do campo de regatas en Laias (II) 9.000,00 € Subtotal correspondente ao INORDE 9.000,00 € TOTAL CONVENIO 42.500,00 € Segunda. Publicidade e rexistro da addenda. Consentimento para a publicidade de datos persoais O réxime de publicidade da addenda será o establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Axencia Turismo de Galicia. A sinatura da addenda leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos e a referida publicidade. Asemade procederase a inscrición da addenda no Rexistro de Convenios, de conformidade co establecido no artigo 5 do Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia. Coa sinatura da presente addenda as partes asinantes prestan o seu consentimento para incluír e facer públicos a través do Portal de Transparencia e Goberno Aberto e do rexistro regulado no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos de carácter persoal contidos nesta. Terceira. Condicións Esta addenda rexerase polas condicións estipuladas no convenio do que trae causa, formando parte integrante do mesmo.

Entidades firmantes y cantidades aportadas

Entidad Cantidad
AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA 33.500,00 €
INSTITUTO OURENSAN DE DESENVOLVEMENTO ECONOMICO (INORDE) 9.000,00 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-0815 MEMORIA.pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-0815 .pdf