- Inicio
- Consulta de convenios
- Resultados da busca
- Convenio 2020-0700
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E A SAMI CATEDRAL DE SANTIAGO PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA ACCIÓN CULTURAL CONXUNTA NO TEMPLO DE CARA AO ANO SANTO 2021
Obxecto
O OBXECTO DESTE CONVENIO É REGULAR AS CONDICIÓNS DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA EA SAMI CATEDRAL DE SANTIAGO NA PREPARACIÓN DO PROGRAMA CULTURAL CONXUNTO DENOMINADO O CAMIÑO DA BELEZA, DESTINADOS ÁS SEGUINTES FINALIDADES: 1.- A COMPOSICIÓN DUNHA OBRA MUSICAL ENCARGADA EX PROFESO AO COMPOSITOR JUAN DURÁN, MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES, PARA A CERIMONIA DE APERTURA DA PORTA SANTA, O DÍA 30 DE DECEMBRO. 2.- OS ENCARGOS DAS SEGUINTES OBRAS DE CREACIÓN: -UNHA MISA PARA O DÍA DO APÓSTOLO A CARGO DO COMPOSITOR MARCO FRISINA, MAESTRO DE CAPILLA DE LA CATEDRAL DE ROMA Y RECTOR DE LA BASÍLICA DE SANTA CECILIA EN TRASTÉVERE. -UN ORATORIO PARA A FESTA DE NADAL, ENCARGADO AO PRESTIXIOSO COMPOSITOR ESPAÑOL RICARDO LLORCA. -UNHA COMPOSICIÓN PARA A CLAUSURA DA PORTA SANTA QUE REALIZARÁ O AUTOR GALEGO JUAN DURÁN. -O PROXECTO DUNHA INTERVENCIÓN PLÁSTICA NA CATEDRAL, TITULADA UNHA PEREGRINACIÓN INTERIOR NA CATEDRAL DOS CAMIÑOS, ENCARGADA AO PRESTIXIOSO ARTISTA ESPAÑOL DANIEL CANOGAR, COA MÚSICA NECESARIA A CARGO DO COMPOSITOR GALEGO FERNANDO BUIDE. 3.- O FINANCIAMENTO DA EDICIÓN EN LINGUA INGLESA DO PROXECTO EDITORIAL TITULADO A CATEDRAL DOS CAMIÑOS, FROITO DUN LABOR DE RECOMPILACIÓN DE TRABALLOS DE HISTORIADORES E HISTORIADORES DA ARTE SOBRE O TEMPLO E A SÚA POSTA EN RELACIÓN COS ACHÁDEOS DERIVADOS DAS OBRAS DE RESTAURACIÓN INTEGRAL DO TEMPLO LEVADAS A CABO NO CADRO DO SEU PLAN DIRECTOR DE RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN.Tipo
Convenio de colaboraciónData da sinatura
30-07-2020Datas de vixencia
Vixente dende 30-07-2020 ata 31-12-2020| Entidade | Cantidade |
|---|---|
| AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA | 130.000,00 € |
| S.A.M.I CATEDRAL DE SANTIAGO | 0,00 € |
Documentación
CONVENIO 2020-0700 .pdf CONVENIO 2020-0700 MEMORIA.pdfHistórico de modificacións
Modificación
Data da sinatura
23-11-2020Vixencia
Vixente dende: 23-11-2020 Vixente ata: 31-12-2020Obxecto
As partes acordan: CLÁUSULAS Primeira. Obxecto 1. Modifícase a cláusula primeira do convenio, de xeito que queda redactada do seguinte xeito: “Primeira.- Obxecto O obxecto deste convenio é regular as condicións de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia ea SAMI Catedral de Santiago na preparación do programa cultural conxunto denominado O Camiño da Beleza, destinados ás seguintes finalidades: 1.- A composición dunha obra musical encargada ex profeso ao compositor Juan Durán, membro da Real Academia Galega de Belas Artes, para a cerimonia de apertura da Porta Santa, o día 30 de decembro. 2.- Os encargos das seguintes obras de creación: -Unha misa para o día do Apóstolo a cargo do compositor Marco Frisina, maestro de capilla de la Catedral de Roma y Rector de la Basílica de Santa Cecilia en Trastévere. -Un oratorio/cantata Jacobeo, encargado ao prestixioso compositor español Ricardo Llorca. -Unha composición para a clausura da Porta Santa que realizará o autor galego Juan Durán. - Recompilación, análise, catalogación, arquivo, confección de informes, planimetría e textos elaborados que permitan unha mellor comprensión das intervencións técnicas, coñecementos e estudos xerais e particulares da restauración que se está acometendo na catedral. 3.- O financiamento da edición en lingua inglesa do proxecto editorial titulado A Catedral dos Camiños, froito dun labor de recompilación de traballos de historiadores e historiadores da arte sobre o templo e a súa posta en relación cos achádeos derivados das obras de restauración integral do templo levadas a cabo no cadro do seu Plan Director de restauración e conservación. 2. Modifícase a cláusula segunda do convenio, de xeito que queda redactada do seguinte xeito: “Segunda.- Orzamento e financiamento O orzamento estimado para as actuacións obxecto deste convenio ascende a 130.000€ (IVE incluído), que se distribúen do seguinte xeito: 1. Encargo dunha composición para a apertura da porta santa 30.000,00€ 2. Encargos obras 85.000,00€ 3. Financiamento proxecto editorial 15.000,00€ TOTAL 130.000,00€ A execución realizarase nas seguintes fases: Fase I: - Edición en linguas estranxeiras do proxecto editorial titulado “A catedral dos Camiños” e, en formato técnico, do seu segundo Tomo sobre os labores de restauración do templo: 15.000,00 € Fase II: - Encargos obras de creación: 85.000,00€ Fase III: - Encargo dunha composición para a apertura da Porta Santa: 30.000,00€ Deste orzamento, a Axencia Turismo de Galicia financiará as actividades relacionadas no cadro anterior na contía máxima de 130.000,00€, con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.640.0, proxecto 2018 00002, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma Galega para 2020. En todo caso, as achegas da Axencia Turismo de Galicia só cubrirán o custo da realización das actividades sen que a SAMI obteña beneficio ou lucro industrial algún coas mesmas. A Axencia Turismo de Galicia procederá ao pagamento dos gastos correspondentes a favor da SAMI Catedral, unha vez que estas entidades presenten a xustificación das actuacións realizadas.” Segunda. Publicidade e rexistro da addenda. Consentimento para a publicidade de datos persoais O réxime de publicidade da addenda será o establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Axencia Turismo de Galicia. A sinatura da addenda leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos e a referida publicidade. Asemade procederase a inscrición da addenda no Rexistro de Convenios, de conformidade co establecido no artigo 5 do Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia. Coa sinatura da presente addenda as partes asinantes prestan o seu consentimento para incluír e facer públicos a través do Portal de Transparencia e Goberno Aberto e do rexistro regulado no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos de carácter persoal contidos nesta. Terceira. Condicións Esta addenda rexerase polas condicións estipuladas no convenio do que trae causa, formando parte integrante do mesmo.Entidades asinantes e cantidades achegadas
| Entidade | Cantidade |
|---|---|
| AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA | 130.000,00 € |
| S.A.M.I CATEDRAL DE SANTIAGO | 0,00 € |