CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE FRIOL PARA O PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA E MELLORA DAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO C.P.I. DR. LÓPEZ SUÁREZ


Obxecto

É OBXECTO DESTE CONVENIO ESTABLECER AS BASES DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DA SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, E O CONCELLO DE FRIOL PARA ACOMETER AS OBRAS DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA E MELLORA DAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO C.P.I. DR. LÓPEZ SUÁREZ, SEGUNDO O PROXECTO TÉCNICO PRESENTADO POR JESÚS MANUEL GALLO VÁZQUEZ

Tipo

Convenio de cooperación

Data da sinatura

15-07-2020

Datas de vixencia

Vixente dende 16-07-2020 ata 31-12-2020

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONCELLO DE FRIOL 47.500,00 €
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE 47.500,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-0628.pdf CONVENIO 2020-0628 MEMORIA.pdf

Histórico de modificacións


Modificación

Data da sinatura

15-10-2020

Vixencia

Vixente dende: 15-10-2020 Vixente ata: 31-12-2020

Obxecto

As partes acordan: XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS AXUDAS De acordo co artigo 8 do Decreto 193/2011 polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, o Concello de Friol estará obrigado a xustificar o cumprimento da finalidade da subvención á realización da actividade e o seu custo real mediante a presentación cunha conta xustificativa integrada con carácter xeral pola documentación que se relaciona no artigo 10 do Decreto 193/2011, e que incorporará en todo caso a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida. En todo caso, na xustificación deberá acreditarse o importe, procedencia e aplicación dos fondos propios, así como doutras subvencións ou recursos á actuación subvencionada. O prazo para presentar esta xustificación será antes do 14 de decembro de 2020. Os pagamentos efectuaranse unha vez examinada e conformada a xustificación presentada polo Concello.

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONCELLO DE FRIOL 0,00 €
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE 0,00 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-0628 .pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-0628 MEMORIA.pdf