- Inicio
- Consulta de convenios
- Resultados de la búsqueda
- Convenio 2020-0109
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E A FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA PARA A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO PÚBLICO DE ATENCIÓN INTEGRAL ÁS PERSOAS MAIORES DENTRO DO MARCO DO PROGRAMA “COMO NA CASA”, NO CONCELLO DE A CORUÑA
Objeto
CONSTITÚE O OBXECTO DESTE CONVENIO DEFINIR O MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A FAO E A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PARA A CONSTRUCIÓN E POSTA EN FUNCIONAMENTO DUN CENTRO DE MAIORES, SITO NA CIDADE DE A CORUÑA, PARA ATENDER A MAIORES EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA NO MARCO DO PLAN “COMO NA CASA”.Tipo
Convenio de colaboraciónFecha de la firma
15-01-2020Fechas de vigencia
Vigente desde 15-01-2020 hasta 12-09-2023| Entidad | Cantidad |
|---|---|
| CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL | 0,00 € |
| FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA | 0,00 € |
Documentación
CONVENIO 2020-0109 .pdf CONVENIO 2020-0109 MEMORIA.pdfHistórico de modificaciones
Modificación
Fecha de la firma
05-06-2020Vigencia
Vigente desde: 05-06-2020 Vigente hasta: 19-09-2023Objeto
As partes acordan: PRIMEIRO. A cláusula terceira do convenio quedará redactada do seguinte xeito “TERCEIRA.- Prazos para a execución das obras e o establecemento do servizo O derrubamento da edificación existente na parcela posta a disposición da FAO realizarase no prazo máximo de dous meses contados dende o 1 de xullo de 2020. O prazo máximo para o inicio da obra de construción, será de tres meses dende a obtención dos permisos ou licenzas necesarias para elo, non podendo transcorrer máis de vinte meses dende a data de inicio ata a súa finalización. O prazo máximo de inicio do procedemento para a posta en funcionamento do Centro de Maiores de A Coruña nos termos previstos no Convenio de 2019 será de seis meses dende a entrega do mesmo á Consellería de Política Social por parte da FAO. A Consellería de Política Social solicitará os permisos e licenzas administrativos que resulten preceptivos para a construción e posta en funcionamento do devandito Centro de Maiores.” SEGUNDO. A cláusula cuarta do convenio quedará redactada do seguinte xeito “CUARTA.- Comisión mixta ou de seguimento A comisión mixta que se establece no Convenio de 2019 será a encargada de asegurar o bo fin e cumprimento do obxecto deste convenio, así como de interpretar as dúbidas que xere o seu cumprimento e resolver as controversias xurídicas consecuencia da súa execución. Asemade, esta comisión poderá adoptar as medidas e acordos que se consideren oportunos aos efectos de dar solución a novas incidencias que se poidan producir en relación cos prazos para a execución da obra e o establecemento do servizo, podendo establecer novos prazos ou modificar as datas a partires das cales efectuar os cómputos dos mesmos.”Entidades firmantes y cantidades aportadas
| Entidad | Cantidad |
|---|---|
| FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA | 0,00 € |
| CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL | 0,00 € |