CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN E A ENTIDADE EDITORIAL LA CAPITAL, SL, EDITORA DOS XORNAIS “EL IDEAL GALLEGO”, “DIARIO DE FERROL” E “DIARIO DE AROUSA”, PARA ELABORAR E PUBLICAR INFORMACIÓN RELACIONADA CON ESTRATEXIAS, PROGRAMAS E/OU INICIATIVAS DA CONSELLERÍA QUE RESULTEN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA


Obxecto

O OBXECTO DO CONVENIO É ESTABLECER AS CONDICIÓNS DE COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN E A ENTIDADE EDITORIAL LA CAPITAL, SL PARA INFORMAR SOBRE ESTRATEXIAS, PROGRAMAS E/OU INICIATIVAS DA CONSELLERÍA EN MATERIAS COMO A EFICIENCIA ENERXÉTICA, A INDUSTRIA (INCLUÍDA A FORESTAL), A INNOVACIÓN E A DINAMIZACIÓN EMPRESARIAL E QUE RESULTEN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA, XA SEXA MEDIANTE TEXTO, MONOGRÁFICOS OU GRÁFICOS, EN 6 PÁXINAS, OU A TRAVÉS DA DIFUSIÓN DE BANNERS QUE ALCANCEN AS 675.000 IMPRESIÓNS MEDIANTE BANNER 300X300 NA PORTADA. CON ESTAS PUBLICACIÓNS NOS DIFERENTES FORMATOS E CABECEIRAS DESTE GRUPO DE COMUNICACIÓN, A ADMINISTRACIÓN PODERÁ DESENVOLVER MELLOR O SEU COMETIDO: OFRECER Á SOCIEDADE GALEGA A INFORMACIÓN QUE PRECISA COMO USUARIA PRINCIPAL DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

Tipo

Convenio de colaboración

Data da sinatura

19-02-2021

Datas de vixencia

Vixente desde 19-02-2021 ata 31-12-2021

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
EDITORIAL LA CAPITAL, S.L. - EL IDEAL GALLEGO, DIARIO DE FERROL E DIARIO DE AROUSA- 0,00 €
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN 8.612,08 €

Documentación

CONVENIO 2021-0231 .pdf CONVENIO 2021-0231 MEMORIA.pdf