CONVENIO ENTRE A VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO DA XUNTA DE GALICIA, O COLEXIO DE AVOGADOS DE SANTIAGO E MAIS A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A TRAVÉS DO CENTRO INTEGRAL DE ANÁLISE E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (CIARCUS), PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA EXPERIMENTAL DE MEDIACIÓN NO ÁMBITO PENAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA EN 2020.


Obxecto

O OBXECTO DO PRESENTE CONVENIO É ESTABLECER AS CONDICIÓNS POLAS QUE SE REXERÁ A COLABORACIÓN ENTRE A VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO, O ILUSTRE COLEXIO DE AVOGADOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E MAIS A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A TRAVÉS DO CIARCUS, PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA EXPERIMENTAL DE MEDIACIÓN NO ÁMBITO PENAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA EN 2020. ESTE PROXECTO DE IMPLEMENTACIÓN DA MEDIACIÓN INTRAXUDICIAL NOS XULGADOS DE INSTRUCIÓN E DO PENAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PERSEGUE O SEGUINTE: - INTERVIR EN CONFLITOS XUDICIAIS A TRAVÉS DA MEDIACIÓN PENAL E DA XUSTIZA RESTAURATIVA COMO INSTRUMENTO DE RESOLUCIÓN PACÍFICA DOS MESMOS. - XERAR UN ESPAZO PARA A COMUNICACIÓN ENTRE OS CIDADÁNS, POIS COA MEDIACIÓN PENAL PODEN ABORDARSE AS CONTROVERSIAS QUE EN OCASIÓNS SUBXACEN TRAS OS FEITOS DELITUOSOS. - POSIBILITAR QUE A VÍTIMA SE SINTA PROTAGONISTA TANTO DO PROPIO PROCEDEMENTO PENAL COMA DO XEITO DE O RESOLVER. - DARLLE UNHA RESPOSTA REPARADORA E REINTEGRADORA Á SITUACIÓN QUE SE CREOU COMO CONSECUENCIA DO FEITO DELITUOSO. - ESTABLECER MECANISMOS DE COLABORACIÓN COS OPERADORES XURÍDICOS, NOMEADAMENTE COA FISCALÍA E MAIS COS XULGADOS.

Tipo

Outros convenios

Data da sinatura

27-11-2020

Datas de vixencia

Vixente desde 27-11-2020 ata 31-12-2020

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
COLEXIO DE AVOGADOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 0,00 €
Universidad de Santiago de Compostela USC 0,00 €
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO 12.000,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-1251 .pdf CONVENIO 2020-1251 MEMORIA.pdf