CONVENIO ENTRE O INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A ANALISE DO IMPACTO DA AUTOMATIZACION NA ECONOMIA GALEGA


Obxecto

CONSTITÚE O OBXECTO XERAL DO PRESENTE CONVENIO ENTRE IGAPE E USC A REALIZACIÓN DE DETERMINADAS ACTUACIÓNS PARA DAR RESPOSTA AOS OBXECTIVOS ESTABLECIDOS NO PROTOCOLO ASINADO, DURANTE O ANO 2020. ESTAS ACTUACIÓNS CONCRÉTANSE NAS SEGUINTES PROPOSTAS: - ESTUDO DAS POSIBILIDADES DE AUTOMATIZACIÓN NOS SECTORES E SUBSECTORES ECONÓMICOS DE GALICIA, O QUE INCLUIRÁ MESAS DE DIÁLOGO COS SECTORES SOCIAS E ECONÓMICOS DE GALICIA. - ELABORACIÓN DO INFORME ECONÓMICO E XURÍDICO QUE ANALICE AS POLÍTICAS E O ESTADO NORMATIVO ACTUAL DOS SECTORES E SUBSECTORES AFECTADOS POLA AUTOMATIZACIÓN, QUE CONTEÑA PROPOSTAS DE ACTUACIÓN DENDE O PUNTO DE VISTA ECONÓMICO E NORMATIVO AUTONÓMICO E NACIONAL CO FIN DE MINIMIZAR OS EFECTOS NEGATIVOS E POTENCIAR OS POSITIVOS FRONTE AO IMPACTO DA AUTOMATIZACIÓN NA ECONOMÍA GALEGA. - DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN DAS ACCIÓNS ANTERIORES, NO ÁMBITO EMPRESARIAL, DAS ADMINISTRACIÓNS DE GALICIA E NA COMUNIDADE CIENTÍFICA VINCULADAS ÁS TECNOLOXÍAS DISRUPTIVAS.

Tipo

Outros convenios

Data da sinatura

17-02-2020

Datas de vixencia

Vixente dende 17-02-2020 ata 30-12-2020

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) 40.000,00 €
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 10.000,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-1201 .pdf CONVENIO 2020-1201 MEMORIA.pdf

Histórico de modificacións


Modificación

Data da sinatura

05-11-2020

Vixencia

Vixente dende: 05-11-2020 Vixente ata: 30-12-2020

Obxecto

As partes acordan: Modificar o convenio, asinado o 17 de febreiro de 2020, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Universidade de Santiago de Compostela para a análise do impacto da automatización na economía galega, nos seguintes aspectos: 1. Amplíase ata o 15 de decembro de 2020 o prazo de presentación da certificación de gastos establecido no apartado 6 da cláusula cuarta do convenio. 2. Engádese un punto no apartado dous da cláusula terceira, “compromisos e obrigas da USC”, coa seguinte redacción: 6. Os estudos a desenvolver terán en conta os efectos económicos, financeiros, laborais e sociais ocasionados polo confinamento decretado polo Estado de Alarma e outras medidas ou efectos de ámbito autonómico, nacional, comunitario e global. Terase en conta tamén o efecto do crecemento dos procesos de dixitalización e automatización na economía, nas empresas, na educación, nas Administracións e na sociedade mesma. 3. Modifícanse os gastos elixibles que figuran na memoria económica do convenio, anexo I, quedando do seguinte xeito: TIPO DE GASTO CUSTE TOTAL (€) Estudo e Informe. O gasto pode cubrir dedicación de persoal propio, a contratación persoal ou de investigadores e servizos externos. 36.000,00 Mesas de diálogo. Servizos externos e a aluguer de equipamento. 6.000,00 Actividades de difusión. O gasto pode cubrir a contratación de servizos externos e aluguer de instalacións e equipamento. 8.000,00 TOTAL 50.000,00 Financiamento IGAPE 40.000,00 Cofinanciamento USC (Dedicación de persoal propio) 10.000,00 O resto das cláusulas do convenio asinado o 17 de febreiro de 2020 mantéñense invariables.

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE) 40.000,00 €
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 10.000,00 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-1201 .pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-1201 MEMORIA.pdf