CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE DA XUNTA DE GALICIA E A “SAPIENZA” UNIVERSITÀ DI ROMA PARA A DOCENCIA, A INVESTIGACIÓN E MAIS A PROMOCIÓN DA LINGUA, A LITERATURA E A CULTURA GALEGAS


Obxecto

ESTE CONVENIO TEN POR OBXECTO ESTABLECER AS BASES QUE REXERÁN A COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE, E A “SAPIENZA” UNIVERSITÀ DI ROMA PARA A DOCENCIA, A INVESTIGACIÓN E MAIS A PROMOCIÓN DA LINGUA, DA LITERATURA E DA CULTURA GALEGAS NON SÓ NO ÁMBITO ACADÉMICO DA UNIVERSIDADE SENÓN TAMÉN NA SÚA ÁREA DE INFLUENCIA, DE CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NOS ACORDOS SEGUNDO E TERCEIRO. DE CONFORMIDADE CO SINALADO NO ARTIGO 26 DA LEI 9/2007, DO 13 DE XUÑO, DE SUBVENCIÓNS DE GALICIA, PARA A SINATURA DESTE CONVENIO NON É POSIBLE PROMOVER A CONCORRENCIA PÚBLICA, XA QUE A “SAPIENZA” UNIVERSITÀ DI ROMA É A REFERENTE NO ESTUDO DO GALEGO NO SEU ÁMBITO TERRITORIAL E ADEMAIS A SINATURA DO CONVENIO ATÓPASE DENTRO DA “PROPOSTA DE CRITERIOS OBXECTIVOS E PLANIFICACIÓN DOS CONVENIOS DE COLABORACIÓN A SUBSCRIBIR POLA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA CON OUTRAS UNIVERSIDADES, PÚBLICAS OU PRIVADAS, PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ÁMBITO DA PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA LINGUA GALEGA”, ELABORADA POLA DEVANDITA SECRETARÍA XERAL O 11 DE MAIO DE 2020.

Tipo

Convenio de colaboración

Data da sinatura

19-11-2020

Datas de vixencia

Vixente desde 19-11-2020 ata 30-09-2023

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE 12.000,00 €
“SAPIENZA” UNIVERSITÀ DI ROMA 0,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-1194 .pdf CONVENIO 2020-1194 MEMORIA.pdf