ACORDO DE COOPERACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA E O CONCELLO DE RIBADAVIA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN MATERIA DE URBANISMO


Obxecto

O OBXECTO DO PRESENTE ACORDO É ESTABLECER AS BASES DE COLABORACIÓN E COOPERACIÓN TÉCNICA E ECONÓMICA ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA E O CONCELLO DE RIBADAVIA, QUE PERMITE ACOMETER E INCORPORAR AO PATRIMONIO PÚBLICO MUNICIPAL AS OBRAS CONSISTENTES NO EMBELECEMENTO DO NÚCLEO RURAL DE VENTOSELA. CONFORME AO PROXECTO QUE DEFINE AS ACTUACIÓNS OBXECTO DO PRESENTE ACORDO.

Tipo

Acordo de cooperación

Data da sinatura

16-10-2020

Datas de vixencia

Vixente dende 16-10-2020 ata 31-12-2021

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONCELLO DE RIBADAVIA 44.520,09 €
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA 103.880,21 €

Documentación

CONVENIO 2020-1035 .pdf CONVENIO 2020-1035 MEMORIA.pdf

Histórico de modificacións


Modificación

Data da sinatura

25-11-2020

Vixencia

Vixente dende: 25-11-2020 Vixente ata: 31-12-2021

Obxecto

As partes acordan: Subscribir a Addenda núm. 1 ao acordo, consistente na modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos, quedando redactada do seguinte xeito: CLÁUSULAS Primeira.- Modificación da cláusula cuarta do acordo de cooperación Cuarta.- Financiamento Para o financiamento da actuación que constitúe o obxecto deste acordo de cooperación, cada unha das partes achegará os importes máximos na anualidade de 2021, que se indican no cadro inserido a continuación: Porcentaxes da achegas Importes Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (70% do custe estimado) 103.880,21 € Concello de Ribadavia (30% do custo estimado) 44.520,09 € Total 148.400,30 € O financiamento desta actuación, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.521A.607.1. O aboamento do importe correspondente ao concello, efectuarao en favor da Xunta de Galicia, logo de asinado o presente acordo e os correspondentes contratos e unha vez que lle sexa requirido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sen que o dito importe supere a contía de cada unha das anualidades anteriormente ,indicadas e atendendo, en todo caso, ao ritmo de execución dos contratos. Calquera alteración na dita execución que implique a variación do correspondente importe determinará o reaxuste das anualidades. Logo da adxudicación do contrato que se celebren, para a execución das actuacións necesarias para o cumprimento do obxecto do presente acordo, as baixas que de selo caso resulten, aplicaranse na proporcionalidade das achegas de cada unha das administracións intervenientes. Non obstante, para a derradeira achega que deba de efectuar o concello, deberá de terse en conta a totalidade dos aboamentos efectuados pola consellería aos contratistas adxudicatarios das execucións das actuacións obxecto do acordo, nos que se incluirán aqueles que correspondan ás certificacións finais. Segunda.- Publicidade e rexistro As partes asinantes desta addenda outorgan o seu consentimento expreso para que os datos persoais e o resto das especificacións que constan no citado acordo sexan publicados no Portal de Transparencia e Goberno Aberto e no Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, no Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, e en concordancia cos artigos 14 e seguintes da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Terceira.- Protección de datos de carácter persoal As partes asinantes obríganse ao cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa vixente de aplicación en cada momento en materia de protección de datos.

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA 103.880,21 €
CONCELLO DE RIBADAVIA 44.520,09 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-1035 .pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-1035 MEMORIA.pdf