ACORDO DE COOPERACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA E O CONCELLO DE PADRENDA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN MATERIA DE URBANISMO


Obxecto

O OBXECTO DO PRESENTE ACORDO É ESTABLECER AS BASES DE COLABORACIÓN E COOPERACIÓN TÉCNICA E ECONÓMICA ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA E O CONCELLO DE PADRENDA, QUE PERMITE ACOMETER E INCORPORAR AO PATRIMONIO PÚBLICO MUNICIPAL AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN E MELLORA DE RÚAS NO NÚCLEO DE SAN ROQUE DE CRESPOS, CONFORME AO PROXECTO QUE DEFINE AS ACTUACIÓNS OBXECTO DO PRESENTE ACORDO.

Tipo

Acordo de cooperación

Data da sinatura

15-10-2020

Datas de vixencia

Vixente dende 15-10-2020 ata 31-12-2021

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONCELLO DE PADRENDA 14.871,93 €
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA 34.701,18 €

Documentación

CONVENIO 2020-1034 .pdf CONVENIO 2020-1034 MEMORIA.pdf

Histórico de modificacións


Modificación

Data da sinatura

25-11-2020

Vixencia

Vixente dende: 25-11-2020 Vixente ata: 31-12-2021

Obxecto

As partes acordan: Subscribir a Addenda núm. 1 ao acordo, consistente na modificación do contido da cláusula cuarta -financiamento-, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos, quedando redactada do seguinte xeito: CLÁUSULAS Primeira.- Modificación da cláusula cuarta do acordo de cooperación Cuarta.- Financiamento Para o financiamento da actuación que constitúe o obxecto deste acordo de cooperación, cada unha das partes achegará os importes máximos na anualidade de 2021, que se indican no cadro inserido a continuación: Porcentaxes da achegas Importes Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (70% do custe estimado) 34.701,18 € Concello de Padrenda (30% do custo estimado) 14.871,93 € Total 49.573,11 € O financiamento desta actuación, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.521A.607.1. O aboamento do importe correspondente ao concello, efectuarao en favor da Xunta de Galicia, logo de asinado o presente acordo e os correspondentes contratos e unha vez que lle sexa requirido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sen que o dito importe supere a contía de cada unha das anualidades anteriormente indicadas e atendendo, en todo caso, ao ritmo de execución dos contratos. Calquera alteración na dita execución que implique a variación do correspondente importe determinará o reaxuste das anualidades. Logo da adxudicación do contrato que se celebren, para a execución das actuacións necesarias para o cumprimento do obxecto do presente acordo, as baixas que de selo caso resulten, aplicaranse na proporcionalidade das achegas de cada unha das administracións intervenientes. Non obstante, para a derradeira achega que deba de efectuar o concello, deberá de terse en conta a totalidade dos aboamentos efectuados pola consellería aos contratistas adxudicatarios das execucións das actuacións obxecto do acordo, nos que se incluirán aqueles que correspondan ás certificacións finais. Segunda.- Publicidade e rexistro As partes asinantes deste acordo outorgan o seu consentimento expreso para que os datos persoais e o resto das especificacións que constan no citado acordo sexan publicados no Portal de Transparencia e Goberno Aberto e no Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, no Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, e en concordancia cos artigos 14 e seguintes da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Terceira.- Protección de datos de carácter persoal As partes asinantes obríganse ao cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa vixente de aplicación en cada momento en materia de protección de datos.

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONCELLO DE PADRENDA 14.871,93 €
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA 34.701,18 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-1034 .pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-1034 MEMORIA.pdf