- Inicio
- Consulta de convenios
- Resultados da busca
- Convenio 2020-0598
ACORDO DE COOPERACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA E O CONCELLO DE A GUDIÑA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS EN MATERIA DE URBANISMO
Obxecto
O OBXECTO DO PRESENTE ACORDO É ESTABLECER AS BASES DE COLABORACIÓN E COOPERACIÓN TÉCNICA E ECONÓMICA ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA E O CONCELLO DE A GUDIÑA, QUE PERMITE ACOMETER E INCORPORAR AO PATRIMONIO PÚBLICO MUNICIPAL AS OBRAS CONSISTENTES NA HUMANIZACIÓN E MELLORA DO ESPAZO PÚBLICO DE O TAMEIRÓN, CONFORME AO PROXECTO QUE DEFINE AS ACTUACIÓNS OBXECTO DO PRESENTE ACORDO.Tipo
Acordo de cooperaciónData da sinatura
06-07-2020Datas de vixencia
Vixente dende 06-07-2020 ata 31-12-2021| Entidade | Cantidade |
|---|---|
| CONCELLO DA GUDIÑA | 43.057,80 € |
| CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE | 100.468,21 € |
Documentación
CONVENIO 2020-0598 MEMORIA.pdf CONVENIO 2020-0598.pdfHistórico de modificacións
Modificación
Data da sinatura
24-11-2020Vixencia
Vixente dende: 24-11-2020 Vixente ata: 31-12-2021Obxecto
As partes acordan: Primeira.- Modificación da cláusula cuarta do acordo de cooperación Cuarta.- Financiamento Para o financiamento da actuación que constitúe o obxecto deste acordo de cooperación, cada unha das partes achegará os importes máximos na anualidade de 2021, que se indican no cadro inserido a continuación: Porcentaxes da achegas Importes Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (70% do custe estimado) 100.468,21 € Concello de A Gudiña (30% do custo estimado) 43.057,80 € Total 143.526,01 € O financiamento desta actuación, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.521A.607.1. O aboamento do importe correspondente ao concello, efectuarao en favor da Xunta de Galicia, logo de asinado o presente acordo e os correspondentes contratos e unha vez que lle sexa requirido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sen que o dito importe supere a contía de cada unha das anualidades anteriormente indicadas e atendendo, en todo caso, ao ritmo de execución dos contratos. Calquera alteración na dita execución que implique a variación do correspondente importe determinará o reaxuste das anualidades. Logo da adxudicación do contrato que se celebren, para a execución das actuacións necesarias para o cumprimento do obxecto do presente acordo, as baixas que de selo caso resulten, aplicaranse na proporcionalidade das achegas de cada unha das administracións intervenientes. Non obstante, para a derradeira achega que deba de efectuar o concello, deberá de terse en conta a totalidade dos aboamentos efectuados pola consellería aos contratistas adxudicatarios das execucións das actuacións obxecto do acordo, nos que se incluirán aqueles que correspondan ás certificacións finais. Segunda.- Publicidade e rexistro As partes asinantes deste acordo outorgan o seu consentimento expreso para que os datos persoais e o resto das especificacións que constan no citado acordo sexan publicados no Portal de Transparencia e Goberno Aberto e no Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, no Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, e en concordancia cos artigos 14 e seguintes da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Terceira.- Protección de datos de carácter persoal As partes asinantes obríganse ao cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa vixente de aplicación en cada momento en materia de protección de datos.Entidades asinantes e cantidades achegadas
| Entidade | Cantidade |
|---|---|
| CONCELLO DA GUDIÑA | 43.057,80 € |
| CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE | 100.468,21 € |