CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA E O HOGAR ESPAÑOL DE MONTEVIDEO (URUGUAI), PARA CONTRIBUÍR Á ATENCIÓN DAS NECESIDADES SOCIO ASISTENCIAIS BÁSICAS DOS CIDADÁNS GALEGOS RESIDENTES EN MONTEVIDEO


Obxecto

ESTE CONVENIO TEN POR OBXECTO ESTABLECER O MARCO DA COLABORACIÓN ENTRE AS ENTIDADES ASINANTES CO FIN DE CONTRIBUÍR Á PRESTACIÓN DE ASISTENCIA AOS CIDADÁNS GALEGOS QUE RESIDEN NO HOGAR ESPAÑOL DE MONTEVIDEO, QUE POR RAZÓN DE CARENCIA OU DE DEPENDENCIA SE ATOPEN EN SITUACIÓN DE NECESIDADE E NON POIDAN AFRONTAR O CUSTO DA SÚA ESTANCIA.

Tipo

Convenio de colaboración

Data da sinatura

18-05-2020

Datas de vixencia

Vixente dende 19-05-2020 ata 25-10-2020

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
HOGAR ESPAÑOL DE MONTEVIDEO (URUGUAY) 0,00 €
SECRETARIA XERAL DA EMIGRACION 40.000,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-0436.pdf CONVENIO 2020-0436 MEMORIA.pdf

Histórico de modificacións


Modificación

Data da sinatura

16-10-2020

Vixencia

Vixente dende: 16-10-2020 Vixente ata: 31-12-2020

Obxecto

As partes acordan: Cláusula Primeira: Incrementar a achega da Secretaría Xeral da Emigración prevista na Cláusula Terceira, que queda redactada do seguinte xeito: “Para o financiamento das actuacións previstas, a Secretaría Xeral da Emigración achegará, dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, a contía de NOVENTA MIL EUROS (90.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.481.0 Axudas a entidades no ámbito das migracións, para gastos de funcionamento da residencia de maiores”. Cláusula Segunda: Modificar os prazos de xustificación e de vixencia contemplados na Cláusula Sexta parágrafo primeiro, que queda redactada do seguinte xeito: “O prazo de xustificación deste convenio remata o 10 de decembro de 2020”. e Cláusula Décimo quinta, que queda redactada do seguinte xeito: Este convenio entrará en vigor ao día seguinte ao da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2020, agás que sexa denunciado por algunha das partes, por incumprimento dos acordos que nel se recollen

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
HOGAR ESPAÑOL DE MONTEVIDEO (URUGUAY) 0,00 €
SECRETARIA XERAL DA EMIGRACION 90.000,00 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-0436 .pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-0436 MEMORIA.pdf