- Inicio
- Consulta de convenios
- Resultados da busca
- Convenio 2020-0265
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E A OPC GALICIA PARA A CELEBRACIÓN DO 32 CONGRESO NACIONAL OPC SPAIN
Obxecto
CONSTITÚE O OBXECTO DESTE CONVENIO O ESTABLECEMENTO DAS CONDICIÓNS PARA A COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA E OPC GALICIA PARA A CELEBRACIÓN DO 32 CONGRESO OPC ESPAÑA 2020, NA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ENTRE O 20 E 22 DE FEBREIRO DE 2020.Tipo
Convenio de colaboraciónData da sinatura
12-05-2020Datas de vixencia
Vixente dende 13-05-2020 ata 31-12-2020| Entidade | Cantidade |
|---|---|
| ASOCIACIÓN DE ORGANIZADORES PROFESIONALES DE CONGRESOS DE GALICIA-OPC GALICIA | 0,00 € |
| AXENCIA TURISMO DE GALICIA | 50.000,00 € |
Documentación
CONVENIO 2020-0265.pdf CONVENIO 2020-0265 MEMORIA.pdfHistórico de modificacións
Modificación
Data da sinatura
23-09-2020Vixencia
Vixente dende: 23-09-2020 Vixente ata: 31-12-2020Obxecto
As partes acordan: CLÁUSULAS Primeira. Obxecto Modifícase a cláusula sexta do convenio, de xeito que queda redactada do seguinte xeito: “Sexta.- Xustificación e pagamento 1. A xustificación dos fondos efectuarase segundo a modalidade de conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto, de acordo co previsto nos artigos 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño que a desenvolve e conterá con carácter xeral coa seguinte documentación: - Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. - Memoria económica xustificativa do custe das actividades realizadas, que contará: a) Relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, no seu caso, data de pagamento. b) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación á que se fai referencia no apartado anterior e a documentación acreditativa do pago. c) Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, no seu caso, dos criterios de reparto dos custes xerais e/ou indirectos incorporados na relación á que se fai referencia na letra a). d) Unha relación detallada de outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia. e) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba solicitar o beneficiario. f) No seu caso, a carta de pago de reintegro no suposto de remanentes non aplicados así como dos intereses derivados de estes. g) Unha declaración sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso (artigo 3.2 do Regulamento de minimis). h) Deberá indicarse un número de conta para o ingreso dos fondos e xuntar unha declaración responsable da veracidade dos datos relativos á dita conta. i) Así mesmo, deberá remitirse o detalle da documentación e soportes publicitarios nos que consten as obrigas de publicidade establecidas no presente convenio. Por outro lado, OPC Galicia deberá acreditar que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. A documentación correspondente á xustificación presentarase de forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal). 2. A cantidade máxima que se obriga a aportar a Axencia reducirase na mesma proporción que represente a cantidade non xustificada respecto do orzamento total. A comunicación relativa á obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, deberá efectuarse no momento no que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Cando as actuacións obxecto do convenio fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou doutras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas, de conformidade co establecido no artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de que se produza exceso das subvencións percibidas de distintas entidades públicas, a entidade beneficiaria deberá reintegrar o exceso xunto cos xuros de demora, nos termos que establece o artigo 23 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da lei de subvencións de Galicia. 3. Á vista desta documentación, o órgano competente da Axencia Turismo de Galicia, expedirá certificación acreditativa do cumprimento dos fins obxecto do convenio e tramitará o seu pagamento. Para estes efectos, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) en que se reflicta o importe de retención ou cotizacións devengadas na data de xustificación. A entidade beneficiaria quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario. 4. Ao abeiro deste convenio poderán financiarse os gastos nos que tivese incorrido a entidade beneficiaria, como consecuencia da realización de actuacións acordes co obxecto do convenio e que se teñan efectuado desde o 1 de xaneiro de 2020. 5. Procederá o reintegro parcial ou total da subvención nos casos previstos 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e concordantes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. 6. A Axencia Turismo de Galicia resérvase o dereito a solicitar toda a documentación que considere precisa en relación coa xustificación do convenio. 7. O prazo para presentar a documentación xustificativa da subvención será dende a formalización do convenio ata o 1 de novembro de 2020. 8. O importe correspondente ao IVE só poderá ser imputado ao convenio na contía que non sexa recuperada ou compensada pola entidade beneficiaria, o cal deberá ser acreditado por esta coa xustificación do convenio. Segunda. Condicións Esta addenda rexerase polas condicións estipuladas no convenio do que trae causa, formando parte integrante do mesmo.Entidades asinantes e cantidades achegadas
| Entidade | Cantidade |
|---|---|
| AXENCIA TURISMO DE GALICIA | 0,00 € |
| ASOCIACIÓN DE ORGANIZADORES PROFESIONALES DE CONGRESOS DE GALICIA-OPC GALICIA | 0,00 € |