CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA, A AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O DESENVOLVEMENTO DE METODOS DE AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO IMPACTO SOCIOECONOMICO DO CAMIÑO DE SANTIAGO A ESCALA LOCAL: APLICACIÓN O CAMIÑO PORTUGUES NO MARCO DO PROXECTO 0585_FACENDO_CAMIÑO_ 1_P COFINANCIADO NUN 75% POLO PROGRAMA INTERRREG VA ESPAÑA-PORTUGAL FEDER


Obxecto

CONSTITÚE O OBXECTO DESTE CONVENIO O ESTABLECEMENTO DAS CONDICIÓNS PARA A COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO DE GALICIA, AECT E A USC PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA METODOLOXÍA ESPECÍFICA PARA O ESTUDO DOS IMPACTOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO EN GALICIA POLA VÍA DO CAMIÑO PORTUGUÉS E A ELABORACIÓN DUN INFORME FINAL QUE MATERIALICE OS TRABALLOS REALIZADOS. O PROXECTO DESENVOLVERASE NAS FASES QUE SE DETALLAN NO ANEXO I DESTE CONVENIO.

Tipo

Convenio de colaboración

Data da sinatura

11-05-2020

Datas de vixencia

Vixente dende 11-05-2020 ata 31-12-2020

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL 15.000,00 €
AXENCIA TURISMO DE GALICIA 33.900,00 €
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 9.000,00 €

Documentación

CONVENIO 2020-0264 MEMORIA.pdf CONVENIO 2020-0264.pdf

Histórico de modificacións


Modificación

Data da sinatura

13-10-2020

Vixencia

Vixente dende: 13-10-2020 Vixente ata: 31-12-2020

Obxecto

As partes acordan: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO Modifícase a cláusula sexta do convenio, relativa á xustificación e pagamento, que queda redactada como segue: “1º.- As achegas da Axencia Turismo de Galicia e da AECT serán libradas á USC previa presentación da xustificación da execución das actuacións desenvolvidas, para o que a USC deberá presentar a seguinte documentación: - Memoria explicativa da actividade realizada e acreditación do cumprimento das actuacións obxecto do convenio, xunto co informe final establecido na cláusula primeira. - Certificación económica detallada onde se relacionen os gastos que se imputan á xustificación, así como certificación do seu pagamento, emitido polo órgano competente da USC. - Certificacións de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e da seguridade social e de non ter pendente débedas por ningún concepto coa Xunta de Galicia. - Indicación do número de conta para realizar o pagamento xunto coa declaración responsable sobre a súa titularidade. 2º.- Establécense as seguintes fases na execución e pagamento do presente convenio, que se detallan no Anexo I que se incorpora ao convenio: Primeira fase: Fase preliminar: Adaptación da metodoloxía deseñada para a avaliación do impacto socioeconómico ao camiño portugués. Pagamento: Axencia de Turismo de Galicia: 11.300 € AECT: 5.000 € Segunda fase: Fase I. Detalle información de campo residentes. Caracterización dos territorios (Galicia e Norte Portugal) Axencia de Turismo de Galicia: 11.300€ AECT: 5.000 € Terceira fase: Fase II. Detalle información de campo peregrinos. Visualización Axencia de Turismo de Galicia: 11.300€ AECT: 5.000 € Todos estes importes poderían incluír IVE no caso de que este non sexa un gasto recuperable ou compensable pola universidade. 3º.- A entrega da documentación xustificativa de cada fase ten a seguintes datas de presentación máximas: Primeira fase: 31 marzo 2020. Segunda fase: 31 agosto 2020. Terceira fase: 10 de decembro 2020. 4º.- A cantidade máxima que se obriga a aportar a Axencia reducirase na mesma proporción que represente a cantidade non xustificada respecto do orzamento total inicialmente previsto neste convenio, sempre e cando se acade o obxecto deste convenio de colaboración. Non se entenderá incumprida a obriga de xustificación das actuacións obxecto deste convenio no caso de variacións das contías previstas nas distintas partidas establecidas no orzamento estimado na cláusula segunda, cando obedezan a razóns xustificadas e as actuacións que se levaran a cabo garden relación directa co obxecto do presente convenio. 5º.- A documentación correspondente á xustificación presentarase de forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal). 6º.-A Axencia Turismo de Galicia resérvase o dereito a solicitar toda a documentación que considere precisa en relación coa xustificación do convenio. Ao abeiro deste convenio poderán financiarse os gastos nos que tivese incorrido a USC como consecuencia da realización de actuacións acordes co obxecto do convenio.” SEGUNDA. CONDICIÓNS Para todo o non previsto na presente addenda serán de aplicación as cláusulas, condicións e termos establecidos no convenio asinado, formando parte integrante do mesmo. Lida polas partes, por si mesmas, e como proba de conformidade co expresado nesta addenda, asínana e rubrican por quintuplicado exemplar, no mesmo lugar e data que se indica no encabezamento.

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
AXENCIA TURISMO DE GALICIA 0,00 €
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 0,00 €
AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL 0,00 €

Documentación

ADDENDA CONVENIO 1 2020-0264 .pdf ADDENDA CONVENIO 1 2020-0264 MEMORIA.pdf