CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE SANIDADE, O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, NO ÁMBITO DA INVESTIGACIÓN EN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN


Obxecto

O OBXECTO DESTE CONVENIO É ESTABLECER O MARCO QUE REXERÁ AS RELACIÓNS ENTRE AS PARTES NA XESTIÓN DE PROXECTOS EN MATERIA DE VALIDACIÓN DE DIFERENTES TECNOLOXÍAS RELACIONADAS COA E-SAÚDE RESULTADO DA INVESTIGACIÓN REALIZADA POLA USC, ASÍ COMO A SÚA VALORIZACIÓN E TRANSFERENCIA MEDIANTE A SÚA IMPLANTACIÓN NO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE. A VALORIZACIÓN E TRANSFERENCIA DE CADA UNHA DAS TECNOLOXÍAS REALIZARASE MEDIANTE CONVENIOS ESPECÍFICOS ENCAMIÑADOS Á POSTA EN FUNCIONAMENTO E APLICACIÓN DE TECNOLOXÍAS CONCRETAS NO ÁMBITO DA E-SAÚDE. DE CONFORMIDADE COA LEI 1/2016, DO 18 DE XANEIRO, DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO DE GALICIA, COA LEI 19/2013, DE 9 DE DECEMBRO, DE TRANSPARENCIA, ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA E BO GOBERNO, E CO PREVISTO NO DECRETO 132/2006, DE 27 DE XULLO, POLO QUE SE REGULAN OS REXISTROS PÚBLICOS CREADOS NOS ARTS 44 E 45 DA LEI 7/2005, DE 29 DE DECEMBRO, DE PRESUPOSTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2006, A SINATURA DO PRESENTE CONVENIO SUPORÁ O CONSENTIMENTO EXPRESO Á ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA, PARA INCLUÍR E FACER PÚBLICOS OS DATOS REFERIDOS AO PRESENTE ACORDO NOS REXISTROS DE CONVENIOS DA XUNTA DE GALICIA, POLO QUE O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DARÁ PUBLICIDADE DESTE ACORDO DE CONFORMIDADE CO QUE ESTABLECEN AS DISPOSICIÓNS APLICABLES NA MATERIA.

Tipo

Convenio marco

Data da sinatura

10-10-2017

Datas de vixencia

Vixente desde 10-10-2017 ata 09-10-2021

Entidades asinantes e cantidades achegadas

Entidade Cantidade
CONSELLERÍA DE SANIDADE 0,00 €
SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS) 0,00 €
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 0,00 €

Documentación

CONVENIO 2017-1069.pdf CONVENIO 2017-1069 MEMORIA.pdf